Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
  1. Inicio
  2. »
  3. Servizos
  4. »
  5. Herbario SANT

Enderezo

Herbario SANT
Facultade de Farmacia
Laboratorio de Botánica
Campus Universitario Sur
E-15782 Santiago de Compostela
Galicia - España
Teléfono: +34 981563100
   ext. 15022 (control de fondos, préstamos, intercambios)
   marcación directa: +34 881815022
FAX: +34 981594912
Correo electrónico:
       SANT.herbarium@gmail.com (control de fondos, préstamos, intercambios)
   


Descrición

O Herbario SANT é un servizo de apoio á investigación dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación da USC. Trátase dunha colección científica, en constante crecemento, de especímenes vexetais desecados e convintemente tratados para a súa preservación a perpetuidade. Por estar ademais convintemente etiquetados, constitúen a base fundamental para os estudios sobre a flora e a vexetación.

Denominación oficial (recollida no Index Herbariorum):
Herbario SANT. Universidade de Santiago de Compostela.
ROR ID: 03jdc5495

ColecciónExemplaresDataBase datos
SANT8011228/02/2022ver
SANT-Algae3345930/07/2020ver
SANT-Lich1051131/12/2021ver
SANT-Bryo543931/07/2017ver
SANT-G53631/12/2013---
SANT-H169931/06/2012---
TOTAL 131756 GBIF.ORG


(non se contabiliza aquí moito material antigo e/ou duplicado -fundamentalmente, herborizacións anteriores á creación do servizo de herbario- aínda pendente de procesar e rexistrar)

Dende finais de 2004, o ficheiro informatizado de fondos é accesible ao público (recoméndase acceder a través de GBIF.ORG, que actualiza os datos con máis frecuencia que GBIF.ES). Actualmente o nivel desta informatización ronda a práctica totalidade das coleccións: a principal, de plantas vasculares (SANT) e a de algas (SANT-Algae) son accesibles desde o ano 2007. Desde comezos de 2009 están xa dispoñibles os ficheiros das coleccións de liques (SANT-Lich) e musgos (SANT-Bryo, neste caso só parcialmente).

Preténdese tamén abrir un acceso directo ás coleccións aloxadas en GBIF a través do dominio web da propia USC, incluindo a posibilidade de visualizar imaxes dos exemplares que divulguen estas coleccións ao público non especializado. Esta novidade inaugurouse con motivo da Semana da Ciencia 2008 amosando varios centos de exemplares galegos da colección principal, para logo ir incrementando o número de imaxes con regularidade (desde xullo de 2015 os problemas nos servidores de imaxes de GBIF.ES obrigaron a suspender o servizo e buscar outras alternativas).

A colección de xermoplasma non depende do Herbario SANT senón que xurdiu dun proxecto liderado por Jesús Izco. Ao ficar paralizada tras a súa xubilación pasou a formar parte do recén creado XBUSC.

Grupos mellor representados nas coleccións de herbario:

  • Algas
  • Pteridófitos
  • Flora leñosa ornamental

Zonas xeográficas mellor representadas:

  • Galicia en xeral e a súa zonas de litoral e montaña interior en particular

Distribución provisional dos pregos galegos xa informatizados que incorporan información sobre a súa localización xeográfica (precisión 10x10 Km)


Breve historia:

     O Herbario SANT foi fundado polo Profesor D. Francisco Bellot en 1945, asociado ao entón existente Xardín Botánico da Facultade de Farmacia. Pasou pola súa primeira etapa de incremento de fondos e intercambio de materiais con outros herbarios ata que a comezos dos 60, coa marcha do Profesor Bellot a unha cadeira en Madrid, entrou nun período de latencia: quedou preservado e ordenado en caixas pero apenas rexistrou novas entradas.

     Esta fase, que durou case dúas décadas, rematou coa chegada do Profesor Jesús Izco á Cadeira de Botánica; dende entón emprendeu un novo ascenso, tanto no incremento de materiais como nos seus contactos e intercambios co resto da comunidade botánica nacional e internacional. Nesta última etapa, que podemos cifrar noutros 30 anos ata o día de hoxe, o SANT quintuplicou o número de pliegos da súa colección principal, a un promedio duns 1.500 novos pregos anuais (11.000 pregos que tiña en 1980 en comparación co volume actual).

     En 1990 pasou a ser Servicio Xeral da Universidade, situación da que saiu en 1995. Pero desde 1992 dispón dun Técnico Especialista con adicación exclusiva ás tarefas específicas de conservación do Herbario, o que redundou nun incremento significativo da entrada de materiais e nunha preparación, preservación, etiquetado e depósito máis áxiles dos mesmos.

     Este enorme incremento no volume de exemplares implica novas necesidades, e por iso desde 2004 o herbario dispón tamén dunha persoa con adicación exclusiva á xestión informatizada dos fondos das coleccións. Esta tarefa é esencial para prestar un servizo rápido e eficaz á comunidade científica, e tamén para poder divulgar ao público non especializado o tesouro destas coleccións, imprescindibles para un axeitado coñecemento do patrimonio natural galego.

O herbario SANT tamén colabora no inventariado e difusión das coleccións de planta viva da USC a través de diversas actividades promovidas pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC:

  • Inventario do Xardín Botánico da USC (XBUSC). Por Resolución Reitoral de 7 de Marzo de 2012 o persoal do Herbario SANT realizou a "Primeira base de datos do XBUSC: catálogo xeorreferenciado das árbores vivas existentes nos terreos do XBUSC", divulgándose posteriormente os seus resultados a través dun Herbario dixital do arborado orixinal do Xardín Botánico da USC.
  • Durante o primeiro semestre de 2013 preparouse o sistema de acceso web ao Percorrido virtual polas árbores e arbustos do Campus de Lugo (baseado nos inventarios botánicos previamente realizados polo Departamento de Produción Vexetal da USC, Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo).

  • Persoal:

    Informatización, visibilidade e control de fondos:

    • 2004-: David García San León

    Preparación, ordenación e conservación de exemplares:

    • 2020-: Gustavo Hernández Córdova

    * Alumnado en prácticas externas:

    • 2023-2024: Noela García Senra, Blanca Rodríguez Bueno

    * Alumnado con bolsas de colaboración:

    • 2022-2023: vacante

    Persoal docente e investigador asociado:


    Vínculos con outras institucións:

    Institucións asociadas:

    Convenios e acordos:

    Intercambio e préstamo de material:


    Servizos:

    • Procesos e xestións que se poden realizar no servizo de herbario :
    • Consulta directa das coleccións para estudos científicos dos seus exemplares
      (novos usuarios: concertar cita previamente por correo electrónico)
    • Préstamo de exemplares a outras institucións científicas (herbarios): Impreso de solicitude
    • Depósito de coleccións de exemplares para a súa preservación
      (concertar por correo electrónico se a entrega será en man ou por paquete postal)

      NORMAS (incl. "normativa específica sobre muestreos destructivos" aprobada pola AHIM en 2012).

    • Solicitude de préstamos a outras institucións científicas: Impreso de solicitude (exemplos).
      O/A solicitante comprométese a cumprir coa normativa específica de cada institución, e a respectar escrupulosamente os prazos de devolución do material. A prórroga dun préstamo deberá ser solicitada persoalmente polo interesado.
      (para o cálculo oritentativo de posibles gastos, as modalidades de envío de material empregadas por SANT serán por esta orde Carta certificada, Paq Estándar ou ben Paq Standard Internacional, en función do peso, dimensións e destino do material).
    • Aloxamento de datos e imaxes de exemplares para a súa citación desde publicacións electrónicas na rede (exemplo)
    • Dixitalización de exemplares baixo demanda (priorizaranse imaxes de exemplares tipo correctamente etiquetados).
      Desde 2017 aplícanse as tarifas por prestación de servizos establecidas nos orzamentos da USC. A solicitude e tramitación de servizos realizarase por escrito para facilitar a aplicación da normativa da USC relativa ao tratamento e xestión da documentación administrativa.